UTOPIA PROJECT

utopía project

o máis real posible

utopía project

TODA AXUDA É POUCA

PREV
NEXT
Estamos a vivir nunha época de racismo e desigualdade con máis medios e desinformación ca nunca, unha división que sempre interesa ao poder. Por iso e dende a orixe, decidimos vivir no continente africano por un tempo indefinido, para ser un máis, aprender, compartir, ensinar, sementar, recoller... traballar en equipo.
Se queres saber máis sobre as orixes de utopía project fai click no botón.

ASOCIACIÓN XUVENIL "NÓS PODEMOS"

Os mozos son o futuro, e a importancia de informar é tan importante como a de formar, por iso impulsamos a creación dunha asociación de novas chamada "Nós podemos".
Os obxectivos son proporcionarlles apoio económico e realizar cambios sociais para traballar por un futuro. Eles teñen que ser a transformación do cambio.
Entre as accións realizadas limpamos e pintamos barrios, damos charlas de orientación e apoiamos economicamente a outras persoas sen recursos, para que poidan formarse e desenvolver as súas ideas.
Actualmente estamos a levar cabo unha campaña de sensibilización/prevención sobre o Covid-19, facilitando material de hixiene e realizando repartición de alimento para centos de persoas das familias máis vulnerables.

EUROPA, REALIDADE DUN SOÑO

Proxecto que leva realizándose en diferentes zonas de África dende fai máis de 10 anos para informar aos máis novos dos perigos da migración, en base á experiencia e ao traballo realizado en numerosos países nos últimos anos.
Infórmase do número de mortes, as torturas, as violacións, o  esclavismo e as numerosas barbaridades e enganos que sofren as persoas no seu intento por chegar a Europa baixo as mans das mafias, ademais das difíciles políticas migratorias actuais europeas, información que moitos destes mozos descoñecen.

FORMACIÓN EN TERREO

Dende o comezo apostamos pola formación como traballo paralelo á información. Informar sobre os perigos da migración pode evitar moitas mortes e formar proporciona ferramentas para unha mellora de vida. 
Na actualidade iniciamos dúas escolas en dous poboados afastados de Guinea Bissau, na zona interior do sur do país (Rexión de Tombalila) e na illa de Bubaque, onde educamos a máis de cen crianzas que carecían de acceso á escola. Estas escolas, ademais,  proporcionan traballo para o profesorado e alimentación para nenos e nenas de familias sen recursos
Realizamos obradoiros de fotografía para persoas africanas co obxectivo de ampliar as súas oportunidades laborais e que a súa realidade sexa contada polos protagonistas, a posibilidade de existir.

MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

Aínda que a prohibición da mutilación xenital feminina está moi avanzada legalmente, aínda son moitos os pequenos poboados onde se continúa a realizar esta pŕáctica. Este apartado do proxecto trata de realizar campañas nos lugares máis remotos para sensibilizar á poboación e frear as terribles consecuencias nas nenas que sofren este drama en silencio, constituíndo outra plataforma de visibilización.
Podes facer click nas fotos para amplialas.

ÁFRICA AXUDA A EUROPA

Apartado expositivo fotográfico que ten por obxectivo compartir con centros educativos e escolas interesadas (a nivel global) a demostración de que a ledicia non se merca, lévase dentro, e, para iso, con todo o coidado e respecto, transmitir dende a orixe; unha sociedade que debido ás súas carencias mantén intactos certos valores que non se poden mercar e que dan sentido ás nosas vidas. Sobre todo en sociedades onde tantas persoas teñen tanto e queren máis. A migración non só son persoas, tamén son ideas, e estas sempre deben migrar en beneficio de todos.

ESCOLA DE MÚSICA

Promovemos a creación da  primeira escoela de música co fin de incrementar as posibilidades laborais, o desenvolvemento da autoestima... a posibilidade de existir.
Pretendemos potenciar e desenvolver o talento para a transformación, en lugares tan complicados e con persoas sen posibilidades económicas.
Fai click nas fotos para amplialas.
TOP

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies