UTOPÍA, O MÁIS REAL POSIBLE

Estamos a vivir nunha época de racismo e desigualdade con máis medios e desinformación ca nunca, unha división que sempre interesa ao poder. Por iso e dende a orixe, decidimos vivir no continente africano por un tempo indefinido, para ser un máis, aprender, compartir, ensinar, sementar, recoller... traballar en equipo.

Dende fai anos estamos a realizar numerosos traballos en países de 4 continentes e, logo de máis de 15 anos de experiencia realizando proxectos no continente africano, primeiro con proxectos persoais e, posteriormente, coa asociación Causas Comúns, cos seus erros e os seus acertos, aprendemos que a camiñar apréndese camiñando, sen obxectivos finais, porque sempre aparecerán outros novos. É por iso que decidimos poñer a andar este novo proxecto chamado UTOPÍA, que nace da asociación Causas Comúns. Un proxecto de vida, de visualización, formación, prevención e axuda en terreo.

Un proxecto que trata de PERSOAS para PERSOAS, onde se traballará integramente con persoas locais, porque son as que coñecen a súa realidade e das que se pode aprender. Un proxecto o máis real posible, sen promesas, que non pretende instruír nin cambiar, pero si formar e informar, traballar a estima a través das posibilidades reais e, por suposto, xerar e transformar a través dos valores da cultura.

TOP

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies