UTOPIA PROJECT

utopía project

o máis real posible

Proxecto creado por

utopía project

TODA AXUDA É POUCA

Proxecto creado por

PREV
NEXT
Estamos a vivir nunha época de racismo e desigualdade con máis medios e desinformación ca nunca, unha división que sempre interesa ao poder. Por iso e dende a orixe, decidimos vivir no continente africano por un tempo indefinido, para ser un máis, aprender, compartir, ensinar, sementar, recoller... traballar en equipo.
Se queres saber máis sobre as orixes de utopía project fai click no botón.

CONFLITOS BÉLICOS/ REFUXIADOS

Desde o ano 2010 estivemos traballando en numerosos países con diversos conflitos e en fronteiras con persoas mal chamadas refuxiadas que sofren todo tipo de abusos. Países como Libia, Ucraína, Mali, Guinea Bissau, Turquía, Grecia, Serbia, Macedonia, Kósovo, Venezuela, Colombia...
O obxectivo desta parte do proxecto é dar asistencia en necesidades básicas, tales como alimentación, medicinas, roupa ou desprazamentos de persoas necesitadas e, por suposto, acompañar ás PERSOASen beneficio da súa autoestima e visibilizar desde o encontro.
Actualmente traballamos a diario con aquelas persoas con quen colaboro en terreo e continúan realizando numerosos labores, formando parte ou representando á nosa asociación.
Por iso, facemos un chamamento a todas aquelas persoas que poidan axudar para cubrir todas estas necesidades.
Numero de conta: ES22 2100 6197 8102 0017 2946
Ou pulsa no seguinte botón ou ben na opción DOAZÓNS no menú principal ou ao pé da páxina.
Moitas GRAZAS!

ASOCIACIÓN XUVENIL "CAUSAS COMÚNS""

Os mozos son o futuro e a importancia de informar é tan importante como a de formar, por iso, impulsamos a creación dunha asociación de mozas en Guinea Bissau chamada "Causas Comúns", mesmo nome que a nosa asociación á que pertence o proxecto Utopía.
Os obxectivos son proporcionarlles apoio económico para realizar cambios sociais e traballar por un futuro propio e independente, sen necesidade de axuda exterior. Eles teñen que ser a transformación do cambio.
Entre as accións realizadas formamos, limpamos e pintamos barrios ou poboados, damos charlas de orientación e apoiamos economicamente e con alimento a outras persoas sen recursos, para que poidan formarse e desenvolver as súas ideas en beneficio da súa autoestima.

EUROPA, REALIDADE DUN SOÑO

Proxecto que leva realizándose en diferentes zonas de África dende fai máis de 10 anos para informar aos máis novos dos perigos da migración, en base á experiencia e ao traballo realizado en numerosos países nos últimos anos.
Infórmase do número de mortes, as torturas, as violacións, o  esclavismo e as numerosas barbaridades e enganos que sofren as persoas no seu intento por chegar a Europa baixo as mans das mafias, ademais das difíciles políticas migratorias actuais europeas, información que moitos destes mozos descoñecen.

FORMACIÓN EN TERREO

Dende o comezo apostamos pola formación como traballo paralelo á información. Informar sobre os perigos da migración pode evitar moitas mortes e formar proporciona ferramentas para unha mellora de vida. 
Na actualidade iniciamos dúas escolas en dous poboados afastados de Guinea Bissau, na zona interior do sur do país (Rexión de Tombalila) e na illa de Bubaque, onde educamos a máis de cen crianzas que carecían de acceso á escola. Estas escolas, ademais,  proporcionan traballo para o profesorado e alimentación para nenos e nenas de familias sen recursos
Realizamos obradoiros de fotografía para persoas africanas co obxectivo de ampliar as súas oportunidades laborais e que a súa realidade sexa contada polos protagonistas, a posibilidade de existir.

MUTILACIÓN XENITAL FEMININA

Aínda que a prohibición da mutilación xenital feminina está moi avanzada legalmente, aínda son moitos os pequenos poboados onde se continúa a realizar esta pŕáctica. Este apartado do proxecto trata de realizar campañas nos lugares máis remotos para sensibilizar á poboación e frear as terribles consecuencias nas nenas que sofren este drama en silencio, constituíndo outra plataforma de visibilización.
Podes facer click nas fotos para amplialas.

ÁFRICA AXUDA A EUROPA

Apartado expositivo e de encontro coa sociedade europea cuxo obxectivo é compartir con centros educativos, escolas interesadas, institucións, asociacións, colectivos... a demostración de que a alegría non se compra, leva dentro.
Transmitir desde a nosa experiencia na orixe; falar da realidade dunha sociedade como a africana que debido ás súas carencias mantén intactos certos valores que non se poden comprar e que dan sentido ás nosas vidas, sen estereotipos, para acabar con eles. A migración non só son persoas, tamén son ideas, e estas sempre deben migrar en beneficio de todos. 

EDUCAR A TRAVÉS DO DEPORTE

Dabondo é coñecido o poder de convocatoria do fútbol, por iso, utilizamos este deporte convocando torneos con numerosos equipos para, antes e despois de cada evento, formar e informar a miles de mozos. Informamos dos moitos perigos da migración clandestina e as súas terribles consecuencias, para despois motivar e formar, poñendo as nosas escolas como exemplo para potenciar a educación como principal recurso de futuro.
Ademais realizamos con estes mozos numerosos accións paralelas para valorar as posibilidades reais de mellora tanto a nivel individual como colectivo.

ESCOLA DE MÚSICA

Promovemos a creación da  primeira escoela de música co fin de incrementar as posibilidades laborais, o desenvolvemento da autoestima... a posibilidade de existir.
Pretendemos potenciar e desenvolver o talento para a transformación, en lugares tan complicados e con persoas sen posibilidades económicas.
Fai click nas fotos para amplialas.
SUBIR