Dende o comezo apostamos pola formación como traballo paralelo á información. Informar sobre os perigos da migración pode evitar moitas mortes e formar proporciona ferramentas para unha mellora de vida.
Na actualidade iniciamos dúas escolas en dous poboados afastados de Guinea Bissau, na zona interior do sur do país (Rexión de Tombalila) e na illa de Bubaque, onde educamos a máis de cen crianzas que carecían de acceso á escola. Estas escolas, ademais, proporcionan traballo para o profesorado e alimentación para nenos e nenas de familias sen recursos.
Realizamos obradoiros de fotografía para persoas africanas co obxectivo de ampliar as súas oportunidades laborais e que a súa realidade sexa contada polos protagonistas, a posibilidade de existir.