Se queres facerte socio e axudar a consolidar as diferentes accións do proxecto, só tes que descargar e encher os datos solicitados no PDF. Podes abrilo no Acrobat Reader, cubrir os teus datos, gardalo e envialo ao seguinte correo: utopiaproyect2019@gmail.com. Nós poñerémonos en contacto contigo para darche de alta e facilitarte a xestión.
Ti elixes a achega mensual que desexas realizar, garantimos que todo o recadado será integramente investido en accións do proxecto, principalmente en beneficio do desenvolvemento da infancia.
Moitas grazas en nome de moitas PERSOAS.
A continuación detallamos a desgravación á que poderá acollerse a cantidade que achegas para o desenvolvemento do proxecto:
80 % ata os primeiros 250 €, do que exceda da devandita cantidade desgravar un 40 % ata o terceiro ano, a partir de cal poderás desgravar o 45 % da cantidade achegada que exceda eses 250 €.
Exemplo: Se achegas 25 € ao mes (300 €/ano), polos primeiros 250 € poderás desgravar 200 €, polos restantes 50 € a desgravación será de 20 €, polo que a dedución total será de 200+20=220 €.
A partir do terceiro ano por esa achega de 25 €/mes (300 €/ano) a cantidade a desgravar sería de 200+22,5=225,5 €.