É un proxecto que leva realizándose en diferentes zonas de África dende fai máis de 10 anos para informar aos máis novos dos perigos da migración, en base á experiencia e ao traballo realizado en numerosos países nos últimos anos.
Infórmase do número de mortes, as torturas, as violacións, o escravismo e as numerosas barbaridades e enganos que sofren as persoas no seu intento por chegar a Europa baixo as mans das mafias. Infórmase tamén das difíciles políticas migratorias actuais europeas, información que moitos destes mozos descoñecen.
O obxectivo é compartir e informar, a través de exposicións, conferencias e charlas na sociedade africana unha realidade descoñecida dunha Europa soñada, e compartir en Europa a realidade africana para comprender os motivos que moven a unha persoa a decidirse a realizar un camiño tan duro e cheo de morte.
Dende aquí deféndese a migración aberta para todos por igual, crendo nos valores e o talento desta terra, porque nos situamos abertamente na opinión de que o futuro de África está en África, como non fai tanto ocorreu na nosa terra.
Para iso traballamos tamén con migrantes retornados, xa que as secuelas nestas persoas teñen graves consecuencias, como o suicidio.