Dabondo é coñecido o poder de convocatoria do fútbol, por iso, utilizamos este deporte convocando torneos con numerosos equipos para, antes e despois de cada evento, formar e informar a miles de mozos.
Informamos dos moitos perigos da migración clandestina e as súas terribles consecuencias, para despois motivar e formar, poñendo as nosas escolas como exemplo para potenciar a educación como principal recurso de futuro. Ademais realizamos con estes mozos numerosos accións paralelas para valorar as posibilidades reais de mellora tanto a nivel individual como colectivo.