ÁFRICA AXUDA A EUROPA

Apartado expositivo e de encontro coa sociedade europea cuxo obxectivo é compartir con centros educativos, escolas interesadas, institucións, asociacións, colectivos... a demostración de que a alegría non se compra, se leva dentro.

Transmitir desde a nosa experiencia na orixe; falar da realidade dunha sociedade como a africana que debido ás súas carencias mantén intactos certos valores que non se poden comprar e que dan sentido ás nosas vidas, sen estereotipos, para acabar con eles. Sobre todo en sociedades onde tantas persoas teñen tanto e queren máis.

A migración non só son persoas, tamén son ideas, e estas sempre deben migrar en beneficio de todos. Para iso ofrecemos charlas, exposicións para interiores e exteriores, talleres, concertos con música do mundo, proxección de documentais propios, libros autoeditados, etc. en beneficio do proxecto.

SUBIR